Dende onde estemos nos diriximos a Salceda de Caselas, que pode ser un punto de encontro e visto que é o centro do pobo podemos aproveitar para revisar se temos todo o necesario para a ruta ou se necesitamos comprar algo nalgún negocio. Unha vez listos nos diriximos ata “As Pontes” onde está a estrada que divide a senda en dúas partes, e a Igrexa de Santa María. Por un lado teremos o parque etnográfico dos muíños e polo outro o espazo de valentin paz andrade. Alí poderemos aparcar o coche se o levamos, xa que hay espazo a carón da beirarrúa e no aparcadoiro en fronte da igrexa. Este será o noso punto de partida.
Tipo de ruta: Lineal e
rural
Lonxitude: 4 km ( ida e
volta )
Altitude: 53-74 m
Desnivel: 0-15 m
Dificultade: Baixa
Duración: 2h
Perigosidade: Baixa
Recomendacións: Perfecta en primavera, ou epoca no que o chan estea seco xa que tende a embarrarse e preferiblemente nas horas onde non pegue tanto o sol.
Apta para todo o público incluíndo aos de movilidade reducida. Áreas de descanso: conta con varias zoas de descanso onde hai mesas e bancos e dúas fontes ao longo da ruta.
Se queres máis información podes descarga-la guía.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.

