O Sendeiro local de Zamáns percorre os montes desta parroquia viguesa, que conta co maior carácter rural do Concello e a menor poboación (761). A parroquia, que debe o seu nome ao río que a atravesa, está situada ao pé do monte Galiñeiro, no punto xeográfico máis alto do Val do Fragoso, lindando con concellos de O Porriño, Gondomar e Mos. Este percorrido en concreto atravesa lugares de gran valor ambiental, paisaxístico, etnográfico, cultural e histórico como son o parque forestal, a praza da Leiteira, o Monte Galiñeiro, a Fervenza da Freixa ou o conxunto dos muíños
de Zamáns, rehabilitados pola comunidades de Montes. A senda tamén bordea o encoro de Zamáns, que segundo a época do ano amosa un encanto especial.
Tipo de ruta: circular
Lonxitude: 7,9 km
Altitude máx: 464 m
Desnivel: 226 m
Dificultade: Media
Duración: 2h
Perigosidade: Media polos desniveis.
Recomendacións: Atractiva en outono e primavera pola riqueza da vexetación e fauna.. En verán, o sol pode ser prexudicial nas zonas sen árbores e a fervenza presenta escaso caudal, polo que se recomenda realizala pola mañá ou últimas da tarde. Calzado cómodo e adecuado ao terreo e protección para a vexetación, contra insectos. Levar auga para hidratarse e snacks para darte enerxía. Recorda respetar a fauna e flora para disfrutar ao máximo da ruta.
Para máis información podes descarga-la guía desta ruta.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.

