Romaría do Santo Aparecido de Pousiño. Pazos de Borbén
A tradicional romaría celébrase na espectacular contorna do monte Santo Aparecido, en Pazos de Borbén. Os festexos comezan ás 12:00 h coa actuación da charanga Nova Jomada. Xusto despois servirase unha comida popular baixo unha gran carpa, seguida de xogos e actividades de lecer para todas as idades. Ás 18:00 h haberá unha gran sardiñada […]