O Paseo da Portela é un sendeiro situado no concello de Redondela, un paseo costeiro que permite disfrutar da brisa da ría de Vigo e coñecer a historia mariñeira da cidade.
Exténdese ao longo da desembocadura do río Alvedosa grazas a unha plataforma de madeira. Nel é posible disfrutar de fermosas vistas ademais de ser un punto estratéxico na observación de aves mariñas que son o maior atractivo do litoral desta vila. É tal a importancia da biodiversidade nesta ruta que dende o ano 2004 pertence á Rede Natura 2000.
Como chegar: Se se acude en coche, pódese deixar no aparcadoiro gratuíto da EDAR.
Tipo de ruta: Lineal
Lonxitude: 2,27 km ( ida e volta )
Altitude: 51 m
Desnivel: 68 m
Dificultade: Baixa
Duración: 1h e 15mins
Perigosidade: Chan esvaradízo nos días chuviosos, xa que hai moitas follas polo chan e a madeira está mollada.
Recomendacións: Perfecta en primavera e verán, xa que en días nublados non se disfruta a paisaxe na súa totalidade e nos chuviosos pódese esvarar. Evitar os días que faga excesivo calor porque nalgúns tramos non hai sombra. Apta para todo o público. Calzado cómodo e auga. Non debes esquecer o respeto pola natureza, é importante non deixar lixo e respetar o entorno natural.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.

