Practica deporte na praia de Cesantes. Tes moitas e variadas opcións!

Polas condicións meteorolóxicas, o vento favorece a práctica de deportes como kitesurf ou windsurf. A maiores podes practicar paddle surf ou dar paseos en canoas. Hai locais onde alugan canoas, táboas de paddle, efoil ou kitesurf. Coidado coas correntes!

A segunda semana de xullo celébrase dende o 2018 o Kitefest que cada ano recibe participantes de Galicia, Valencia, Tarifa, Cataluña, País Vasco, Portugal e Francia, todo un referente a nivel nacional e internacional.

Se queres pasear, tes un percorrido por toda a zona do paseo da praia, unha lonxitude de dous kilómetros con vistas á illa de San Simón e a ponte de Rande. Podes rememorar a batalla de Rande e a gravación do himno do centenario do Celta. Se queres saber máis da batalla de Rande, achégate ao museo Meirande, en Rande.

Nun lugar do paseo tes unha recreación da biodiversidade da zona e a súa interpretación.

A praia tamén conta cun parque infantil, zona de picnic e un miradoiro dende onde contemplar toda a enseada.

Misión: atopar a Xulio Verne e os mergulladores.

Powered by Wikiloc

Punto de partida-destino: Praia de Cesantes – Praia de Soutoxusto.

Percorrido en kayak, empregando o kayak para desprazarnos ata ao pequeno recuncho da praia de Soutoxusto.

Duración 15-20 minutos de percorrido onde poderemos realizar deporte observando toda a natureza da zona.

Colle o teu kayak e diríxete á dereita, continúa remando ata atopar a praia. Moita precaución coas correntes!

Se non tes canoa podes alugala na mesma praia de Cesantes.

https://es.wikiloc.com/rutas-kayac/paseo-en-kayak-praia-de-cesantes-praia-de-soutoxusto-140399182

Powered by Wikiloc

A cidade de Vigo coñécese por ofrecer unha ampla oferta en restauración dirixida a diferentes tipos de público. 

Se queres tomar algo tipo Brunch podes ir a algún dos locais que están de moda na cidade. Se estás pola zona de praias podes escoller Lola&Lía (Camiño dos Muíños) ou TintiCo en Navia. E se estás no centro, a variedade é moito maior: La Cultural ou Galanga, as dúas na rúa Areal. Ms. Robinson, cerca da Praza de España, Cañaveral na Porta do Sol ou Yemayá no C.C. A Laxe (con opcións para veganos e celíacos).

Se estás polo centro e queres ter un momento de relax nunha terraza, achégate ás cafeterías da rúa Don Bosco onde atoparás diferentes locais de hostelería como La Juakina, la Galería ou La llorona cunha gran terraza conxunta baixo unha gran pérgola. Se tes tempo podes aproveitar para subir ao Castro. E polo camiño atopar as columnatas de Jenaro de la Fuente na rúa Blein Budiño.

Powered by Wikiloc

Misión: atopar o mural de Villalobo.

A Fundación Sales defínese como o Xardín Botánico da cidade. Plantexámoste un percorrido en bicicleta dende o Barco Alfageme ata a Fundación na avenida de Europa.

Na Fundación Sales, existen diferentes tipos de actividades que podes realizar, entre as que destacan:

  • Visita guiada aos rincóns dos xardíns: percorre todo o espazo dos xardíns a través das rutas guiadas que ofrece a propia fundación. Dende o bosque pasando pola zona dos bambús, ata a chaira onde atoparás unha gran sensación ao pasar baixo as cúpulas eclesiais observando o olmo que permite lembrar ao Pantheon de Roma. As árbores semellan as cúpulas góticas e un arce xaponés converte a folla en estrelas coa luz do sol.

Atoparás diferentes especies paseando polos sendeiros que brindan vida e luz acollida na propia historia, curiosidades e pequenos rincóns e dándolle valor a diversas plantas.

O prezo da visita é de 2 euros (de 11 a 64 anos), 1 euro (maiores de 64 e menores de 10 anos). Gratuíta para os amigos da fundación.

  • Campamentos de verán: dende o día 26 de xuño ata o 8 de setembro (excepto a semana do 14 de agosto), lévase a cabo un campamento para nenos/as a partir dos 4 anos. O prezo é de 80 para persoas socias, 89 euros para non socias.
  • Participación en curso-talleres para adultos: lévanse a cabo diferentes cursos de diferentes temáticas (calma e visión profunda, obradoiro de xogo e arte, taller sobre figuras e paisaxes, aulas de teatro na natureza, Equinoccio ou experimentación plástica e representación do sol, este último taller a partir de 4 anos e sen límite de idade). Cada actividade ten diferentes prezos que cabe consultar coa fundación.
  • Celebra os encontros cos/oas amigos/as organizando festas privadas na súa planta interior dependendo da climatoloxía, posibilidade de alugar música ou catering. Para pedir presuposto é necesario poñerse en contacto.
Powered by Wikiloc

Trátase dun roteiro liñal, cunha lonxitude total (ida e volta) de 5.600 metros, que comeza na Casa de Pescadores do río Oitavén e remata na aldea das Carballas.

Antes de comezar a camiñar, o visitante pode gozar das vistas do río Oitavén e admirar a Ponte da Barca ou incluso achegarse a visitar o muíño Vello.

O itinerario comeza na parte traseira da Casa dos Pescadores e sube por un pequeno carreiro paralelo a un regato ata chegar á área recreativa que conta cunha carreira de birlos celtas e na que se atopa a Fonte da Tella. A partir deste punto, e ata o final do percorrido, o roteiro coincidirá co trazado do Sendeiro das Greas.

Deixando atrás a área recreativa, o visitante percorrerá durante 1.500 metros unha pista forestal a media ladeira no val do río Oitavén.

Despois abandonará a pista para percorrer os últimos metros pola estrada ata chegar ao Val de Aranza.

Goza de toda a fauna e vexetación autóctona que podes atopar no camiño. Aves, réptiles e peixes coma píntegas, arnaus, miñatos, lontras, esquíos, ourizos, paporrubios, troitas, salmóns e carballos, castiñeiros ou piñeiros.

Misión: xogar unha partida de birlos celtas. Atopar as pozas de Aranza.

O parque das Illas Atlánticas é o segundo de Galicia que obtivo a certificación de turismo Starlight. Este distintivo recoñece o compromiso pola protección do ceo nocturno e o desenvolvemento de astroturismo responsable e eficiente.

A Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía (Fegar) encárgase de organizar diferentes actividades gratuítas arredor dos ceos. Inclúen observacións diurnas e nocturnas, pernoctacións, prácticas fotográficas… Aínda que cada vez hai máis empresas privadas que organizan travesías nocturnas para ver as estrelas.

Cando chega a noite, comeza a visualización das estrelas, sendo o grande atractivo turístico desta actividade. Os mellores puntos de observación son: O Lago dos Nenos e A Pedra da Campá en Cíes; Caniveliñas, en Ons; Punta Fradiña, en Cortegada e Aldea, en Sálvora.

Se vas pola túa conta e quedas durmir no camping, lembra que ao día seguinte tes moitas opcións. Podes achegarte ao faro ou percorrer os outros tres sendeiros que hai sinalizados polas illas: Ruta do Alto do Príncipe, Ruta do Faro A Porta e Ruta do Monte Agudo e Faro do Peito. Polo camiño podes ver que hai máis praias alá da de Rodas, e coñecer as aves e vexetación autóctona.

É un plan que podes facer en parella, familia, como desexes.

Powered by Wikiloc

Unha das opcións que tes cando quedas en grupo é camiñar polo monte. En Gondomar existe unha ruta con diferentes tipos de dificultade onde atoparás pistas e monte: O Monte Galiñeiro.

Por todo o percorrido dispós de pistas forestais, na parte central, e tramos máis agrestes na subida ó Galiñeiro.

Cando saímos de Vincios, existen innumerables camiños e sendas ata que chegamos ó Refuxio do Club de Montañeiros Celtas. Este é o punto de partida para quedar se queres facer escalada.

Unha boa opción é levar GPS para poder ter claro a dirección a seguir aínda que cunha ollada arredor non e difícil orientarse.

Unha ruta para gozar da montaña, das cabras e das vistas (se non hai néboa).

Misión: ademais de atopar as cabras, descubre os restos do castelo medieval que houbo no cumio. E se quedas por abaixo, atopa os petroglifos da Auga da Laxe.

Accede dende a terraza do Muíño do Vello, cruza a ponte que está a escasos metros da fervenza e, cando chegues a embaixo do viaducto do Ave, xa atopas unha senda de menos de 200 metros que che leva ata ela. Alí podes descansar ao redor das augas do río Alvedosa, o cal ten un nivel de tres metros. Tras a pasarela con escadas de madeira, podes visitar os antigos muíños de auga que están situados nun dos laterais do salto. Algúns deles, a día de hoxe, son empregados como taperías, nas cales podes vivir en primeira persoa a historia da zona mentres gozas dun tempo de calidade de lecer.

Arredor da fervenza atópanse carteis explicativos das características da fauna e flora do lugar.

Pola tarde podes aproveitar para ir ó cemiterio dos Eidos e entrar nun dos máis singulares de Europa. Cemiterio de estilo neogótico construído no 1830. Se queres seguir con rutas por cemiterios podes achegarte ao de Cesantes ao caer o sol para facer fotos do solpor cos pináculos dos panteóns e coa ponte de Rande no fondo.

Outra opción de tarde pode ser visitar o museo de Meirande en Rande para coñecer a historia das batallas do 1702, os galeóns afundidos, os traxes de mergullo ou afondar nas historias das conserveiras da zona.

Na zona hai moitas casas de turismo rural onde quedar a pasar a noite. Para o día seguinte podes planear praia ou monte. Pasar un día de praia en Cesantes ou visitar Monte Penide cos seus legados prehistóricos (e xa que estás pola zona, achégate ao banco panorámico na parroquia de Trasmañó e ás súas incribles vistas sobre a ría).

Ida e volta: Porto de Vigo-Illa de San Simón

O punto de partida é o porto de Vigo. Colles o barco dende Vigo nalgunha das navieiras que fan este percorrido e navegas pola ría gozando dunhas vistas espectaculares, pasando por debaixo da ponte de Rande e moi preto das bateas, ata chegar á illa onde podes mergullarte na historia local.

A illa forma parte da Rede Natura 2000 como hábitat natural europeo protexido e pertence ao concello de Redondela.

Podes atopar paixases atractivas e desconectar paseando pola illa. É un sitio cheo de historia.

Misión: atopar a Xulio Verne. Cruzar a ponte que une San Simón con San Antón.

O punto de partida é na praza do concello de Gondomar. Comeza na casa do Concello e pasa polas casas de estilo indiano como Villa Sudamérica, Casa Ascensión, Casa Peralba ou Villa Brasil  para chegar á igrexa de San Bieito. Igrexa de orixe medieval que debe a súa localización á existencia dunhas fontes milagrosas que se atopan a poucos metros.

Excursión ida-volta: Porto de Vigo-Illas Cíes.

Podes realizar sendeirismo, relaxarte nas praias ou gozar dun picnic ao aire libre xa que unha boa idea é levar o noso propio almorzo.

Ao chegar ás illas, é moi importante protexerte dos raios UVA, ter precaución coas gaivotas da zona e gozar do tempo ata que sexa a nosa hora da viaxe de volta. Hai a posibilidade de realizar sendeirismo ata o Faro e realizar imaxes coas vistas de fondo espectaculares, pasar a tarde na praia sendo precavidos/as permanecendo na beira da auga do Océano Atlántico.

Scroll ao inicio