Visita os xardíns da Fundación Sales

A Fundación Sales defínese como o Xardín Botánico da cidade. Plantexámoste un percorrido en bicicleta dende o Barco Alfageme ata a Fundación na avenida de Europa.

Na Fundación Sales, existen diferentes tipos de actividades que podes realizar, entre as que destacan:

  • Visita guiada aos rincóns dos xardíns: percorre todo o espazo dos xardíns a través das rutas guiadas que ofrece a propia fundación. Dende o bosque pasando pola zona dos bambús, ata a chaira onde atoparás unha gran sensación ao pasar baixo as cúpulas eclesiais observando o olmo que permite lembrar ao Pantheon de Roma. As árbores semellan as cúpulas góticas e un arce xaponés converte a folla en estrelas coa luz do sol.

Atoparás diferentes especies paseando polos sendeiros que brindan vida e luz acollida na propia historia, curiosidades e pequenos rincóns e dándolle valor a diversas plantas.

O prezo da visita é de 2 euros (de 11 a 64 anos), 1 euro (maiores de 64 e menores de 10 anos). Gratuíta para os amigos da fundación.

  • Campamentos de verán: dende o día 26 de xuño ata o 8 de setembro (excepto a semana do 14 de agosto), lévase a cabo un campamento para nenos/as a partir dos 4 anos. O prezo é de 80 para persoas socias, 89 euros para non socias.
  • Participación en curso-talleres para adultos: lévanse a cabo diferentes cursos de diferentes temáticas (calma e visión profunda, obradoiro de xogo e arte, taller sobre figuras e paisaxes, aulas de teatro na natureza, Equinoccio ou experimentación plástica e representación do sol, este último taller a partir de 4 anos e sen límite de idade). Cada actividade ten diferentes prezos que cabe consultar coa fundación.
  • Celebra os encontros cos/oas amigos/as organizando festas privadas na súa planta interior dependendo da climatoloxía, posibilidade de alugar música ou catering. Para pedir presuposto é necesario poñerse en contacto.
Powered by Wikiloc
Scroll ao inicio