Observación estrelas nas Illas Atlánticas

O parque das Illas Atlánticas é o segundo de Galicia que obtivo a certificación de turismo Starlight. Este distintivo recoñece o compromiso pola protección do ceo nocturno e o desenvolvemento de astroturismo responsable e eficiente.

A Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía (Fegar) encárgase de organizar diferentes actividades gratuítas arredor dos ceos. Inclúen observacións diurnas e nocturnas, pernoctacións, prácticas fotográficas… Aínda que cada vez hai máis empresas privadas que organizan travesías nocturnas para ver as estrelas.

Cando chega a noite, comeza a visualización das estrelas, sendo o grande atractivo turístico desta actividade. Os mellores puntos de observación son: O Lago dos Nenos e A Pedra da Campá en Cíes; Caniveliñas, en Ons; Punta Fradiña, en Cortegada e Aldea, en Sálvora.

Se vas pola túa conta e quedas durmir no camping, lembra que ao día seguinte tes moitas opcións. Podes achegarte ao faro ou percorrer os outros tres sendeiros que hai sinalizados polas illas: Ruta do Alto do Príncipe, Ruta do Faro A Porta e Ruta do Monte Agudo e Faro do Peito. Polo camiño podes ver que hai máis praias alá da de Rodas, e coñecer as aves e vexetación autóctona.

É un plan que podes facer en parella, familia, como desexes.

Powered by Wikiloc
Scroll ao inicio