Excursión á Fervenza da Feixa

Accede dende a terraza do Muíño do Vello, cruza a ponte que está a escasos metros da fervenza e, cando chegues a embaixo do viaducto do Ave, xa atopas unha senda de menos de 200 metros que che leva ata ela. Alí podes descansar ao redor das augas do río Alvedosa, o cal ten un nivel de tres metros. Tras a pasarela con escadas de madeira, podes visitar os antigos muíños de auga que están situados nun dos laterais do salto. Algúns deles, a día de hoxe, son empregados como taperías, nas cales podes vivir en primeira persoa a historia da zona mentres gozas dun tempo de calidade de lecer.

Arredor da fervenza atópanse carteis explicativos das características da fauna e flora do lugar.

Pola tarde podes aproveitar para ir ó cemiterio dos Eidos e entrar nun dos máis singulares de Europa. Cemiterio de estilo neogótico construído no 1830. Se queres seguir con rutas por cemiterios podes achegarte ao de Cesantes ao caer o sol para facer fotos do solpor cos pináculos dos panteóns e coa ponte de Rande no fondo.

Outra opción de tarde pode ser visitar o museo de Meirande en Rande para coñecer a historia das batallas do 1702, os galeóns afundidos, os traxes de mergullo ou afondar nas historias das conserveiras da zona.

Na zona hai moitas casas de turismo rural onde quedar a pasar a noite. Para o día seguinte podes planear praia ou monte. Pasar un día de praia en Cesantes ou visitar Monte Penide cos seus legados prehistóricos (e xa que estás pola zona, achégate ao banco panorámico na parroquia de Trasmañó e ás súas incribles vistas sobre a ría).

Scroll ao inicio