Kitesurf, windsurf, paddle surf en Cesantes

Practica deporte na praia de Cesantes. Tes moitas e variadas opcións!

Polas condicións meteorolóxicas, o vento favorece a práctica de deportes como kitesurf ou windsurf. A maiores podes practicar paddle surf ou dar paseos en canoas. Hai locais onde alugan canoas, táboas de paddle, efoil ou kitesurf. Coidado coas correntes!

A segunda semana de xullo celébrase dende o 2018 o Kitefest que cada ano recibe participantes de Galicia, Valencia, Tarifa, Cataluña, País Vasco, Portugal e Francia, todo un referente a nivel nacional e internacional.

Se queres pasear, tes un percorrido por toda a zona do paseo da praia, unha lonxitude de dous kilómetros con vistas á illa de San Simón e a ponte de Rande. Podes rememorar a batalla de Rande e a gravación do himno do centenario do Celta. Se queres saber máis da batalla de Rande, achégate ao museo Meirande, en Rande.

Nun lugar do paseo tes unha recreación da biodiversidade da zona e a súa interpretación.

A praia tamén conta cun parque infantil, zona de picnic e un miradoiro dende onde contemplar toda a enseada.

Misión: atopar a Xulio Verne e os mergulladores.

Powered by Wikiloc
Scroll ao inicio