As festas de San Mamede e San Antón en Quintela (municipio de Redondela) comezan ás 12:00 h cunha misa na que participa o Coro SLC de Reboreda, seguida dunha procesión acompañada pola Agrupación Musical de Redondela. Ás 20:00 h celebrarase unha gran churrascada, seguida de animación musical a cargo de Chocolate Sexy, Trio Somoza e […]
O evento comezará o sábado día 8, coas portas abertas desde as 12:00 do mediodía ata a medianoite. Ademais, o sábado pola noite, ás 21:30 horas, os asistentes poderán gozar dunha actuación musical en directo.
A celebración continuará o domingo día 9, en horario de 12:00 a 22:00 horas. A mañá do domingo, os festexos tamén contarán cun posto de polbo para complementar a oferta gastronómica do evento.
O último día de festexos comezará cun pasarrúas da banda de música SGHAE. Ás 12:30 h celebrarase a misa solemne, coa participación do Coro San Estevo, seguida dunha procesión acompañada pola Banda Municipal de Redondela. Pola tarde haberá unha actuación sorpresa.
A A.C.D. Rande celebrará unha nova edición da Comida do Socio o vindeiro sábado 9 de agosto na Área do Ravicho (Rande Praia), no municipio de Redondela. A comida contará cun menú composto por mexillóns, empanadas, churrasco, chourizo, viño, auga, refrescos, sobremesa, cafés e licores. O prezo da comida será o seguinte: Socios e fillos […]
Ás 19:30 Misa na honra de Santa Ana, Vodas de ouro acompañadas polo grupo de gaitas O carballo das cen polas de Redondela Pola noite verbena amenizada pola orquesta Magos e o grupo Ritmo.
Xornada de actos na honra da Nosa Señora da Asunción (Patroa) ás 9:30 misa e as 12:00 misa maior cantada pola coral de S.L.C de Reboreda. Procesión acompañada pola Banda de Música Cultural de Arcade. Ultima misa do día as 20:00. Pola noite verbena coa orquesta Suavecito e o trío 3.com
Ás 9:30 misa e as 12:00 misa maior seguida de procesión coa Banda de Música Municipal de Redondela. Pola noite verbena coa orquestra Trebol e o grupo Master
As grandes festas na honra de San Bernardo e San Roque terán lugar na parroquia de Cedeira (concello de Redondela) os días 20, 22 e 23 de agosto. Ás 10:00 h, a banda Unión Musical de Tenorio ofrecerá un pasarrúas, seguido ás 12:00 h dunha misa solemne —coa participación coral de A Raiña de Cedeira— […]
A partir das 18:00 h, celebraranse xogos infantís no recinto da festa. A orquestra Metrópolis e o grupo Luces de Bohemia amenizarán a verbena nocturna.
Ás 12:00 h celebrarase unha misa solemne na honra de San Roque, seguida dunha procesión acompañada polo grupo de gaitas Asubíos de Porta Cedeira. A partir das 17:00 h, a banda de gaitas Foula percorrerá a parroquia e, máis tarde, a orquestra D'Noche e Pili Pampín actuarán na verbena de clausura das festas.
O 27.º Entroido de Verán de Redondela celebrarase o vindeiro sábado, 22 de agosto. Ao longo da xornada haberá actividades para todas as idades, concertos e animación. As celebracións comezarán con animación infantil ás 19:30 horas na Praza da Torre, co espectáculo *A bailar* de Animar-t, deseñado para facer participar toda a familia. Máis tarde, […]
Visita guiada "O luns pola tardiña" ofertada pola oficina de turismo. Ás 18:00 saída da oficina de turismo do concello de Redondela. Duración de 60 minutos aproximadamente.
Dirixido á rapazada de entre 10 e 15 anos, actividade de balde que combina a orientación co coñecemento da nosa entorna e patrimonio. Unha actividade diferente que suma a orientación coas habilidades e coñecementos sobre diferentes detalles do noso patrimonio. Faranse grupos de 6-8 nenas e nenos e é necesario mínimo un adulto por equipo […]
A XII Concentración de Motos "Vila dos Viaductos" celebrarase o vindeiro sábado, 29 de agosto, no municipio de Redondela. As actividades comezarán ás 12:00 h coa apertura do recinto no Campo da Feira, onde haberá animación musical e unha sesión vermú. Ás 16:00 h fará a súa aparición a mascota Xaquín, seguida dunha ruta pola […]
A HISTORIA DE RANDE COBRA VIDA NO MEIRANDE! Volven as visitas guiadas teatralizadas ao museo Meirande. Unha viaxe no tempo dinámica, amena e de balde para descubrir os nosos segredos e lendas de primeira man. Co talento do Grupo de Teatro ADC Rande, reviviremos os feitos da lendaria batalla e o patrimonio industrial da zona.
Visita guiada "O luns pola tardiña" ofertada pola oficina de turismo. Ás 18:00 saída da oficina de turismo do concello de Redondela. Duración de 60 minutos aproximadamente.
O venres 4 de setembro, as festas da Teixeira —situada na parroquia redondelá do Viso— comezan ás 19:00 horas coa celebración da novena, seguida da procesión de baixada da imaxe da Virxe, acompañada pola charanga Radio Tropical. A continuación, celebrarase unha gran churrascada amenizada pola devandita charanga, á que seguirán as actuacións de Juan de […]
O domingo día 6, os actos comezan ás 12:00 h coa procesión da imaxe do santo ata a igrexa parroquial, acompañada pola Banda Municipal da Lama. Durante a procesión, terá lugar o encontro co Sagrado Corazón de Xesús no lugar habitual. Ás 13:00 h celebrarase a misa solemne, seguida dunha procesión e dunha ofrenda floral […]