Cargando eventos

« Todos os eventos

Entroido de Verán. Redondela

22 Agosto· 19:30 - 23:30
Entroido de Verán

O 27.º Entroido de Verán de Redondela celebrarase o vindeiro sábado, 22 de agosto. Ao longo da xornada haberá actividades para todas as idades, concertos e animación.

As celebracións comezarán con animación infantil ás 19:30 horas na Praza da Torre, co espectáculo *A bailar* de Animar-t, deseñado para facer participar toda a familia. Máis tarde, ás 21:00 horas, a diversión continuará na Pista da Xunqueira coa tradicional Festa da Escuma.
Pola súa banda, o recinto do Campo da Feira converterase no epicentro da música e do espectáculo principal da noite. A programación neste escenario comezará de 20:00 a 21:30 horas cunha sesión inicial de DJ a cargo de Olalla Gonzalezz e Borja Rua. A continuación, de 21:30 a 23:00 horas, terá lugar a Gala Drag presentada por Carlos Veleiro, un concurso que repartirá un total de 1.800 euros en premios. Á noite, o grupo Monoulious Dop ofrecerá unha actuación en directo de 23:00 a 00:30 horas, seguida, ás 00:30 horas, pola actuación de Ráfaga, que prolongará o concerto ata as 02:15 horas. Para pechar os festexos, haberá unha última sesión de DJ dirixida por Kike Varela e Rodri Vegas, de 02:15 a 04:00 horas.

Detalles