A ruta dos chozos situada na Serra do Suído, atravesa unha parte da parroquia de A Laxe a través dun escenario natural de especial riqueza, concretamente no lugar da Airoa. A temática principal da senda, xira en torno a gandaría e os restos etnográficos propios desta tradicional forma de vida.
O pastoreo é unha das actividades económicas que se vén practicando, dende moi antigo, na meirande parte das aldeas que bordean as serras. Isto foi así ata o descubrimento de América, momento en que chega a pataca e o millo e, o pastoreo pasa a ser secundario. Aínda así, seguense usando ata o século pasado.
Entre os atractivos deste roteiro atopamos cascadas, pozas fluviais, augas cristalinas, cumes, cotos, antigas pontes, camiños empedrados e os poblados de chozos.
Tipo de ruta: Circular e sendeiro de montaña
Lonxitude: 10,419 km
Desnivel: 614 m
Dificultade: Media, ten tramos de desnivel pronunciado.
Duración: 4 – 6h
Perigosidade: Os desvíos cara as fervenzas requiren de moita atención e habilidade por seguridade persoal.
Recomendacións: Para días non moi calurosos, como primavera e outono. Cando non faga moito vento e chuvia. Pantalón longo, calzado antideslizante e protección solar.
Non para nenos nin para persoas de movilidade reducida.
Áreas descanso en “Chan do campo de arriba” con aparcamento e en “Chan do porto”.
Se queres máis información podes descarga-la guía.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.

