Este é un percorrido lineal que discorre ao longo da ribeira do río Miñor, onde se poden observar árbores típicas do bosque de ribeira. O paseo comeza no Parque de Ánimas, na Avenida Conde de Gondomar, e remata na fervenza do río Miñor (Fervenza dá Torre) para logo regresar ao parque polo mesmo carreiro. A primeira parte do percorrido está un pouco descoidada ata chegar ao cruzamento coa estrada, pero a partir de ai o camiño segue a beira do río que ofrece unha paisaxe encantadora. Esta parte do roteiro é coñecida como o “bosque máxico” pola súa beleza.
Na zona da Fervenza dá Torre, a paisaxe vólvese aínda máis espectacular coa chegada das choivas, xa que o caudal do río aumenta, creando unha contorna máis atractiva.
Tipo de ruta: Lineal e rural.
Lonxitude: 3.68 km ( ida e volta )
Altitude máx: 41 m
Desnivel: 23 m
Dificultade: Baixa
Duración: 1h e 30mins
Perigosidade: Baixa
Recomendacións: Ir en primavera/verán. Hai sombra, sobre todo na segunda metade e ao estar á beira do río é moi fresca. Levar roupa e calzado cómodo, crema solar, e auga.
Áreas de descanso: Parque das Ánimas (con merendeiro, parque infantil e cafeterías).
Para principiantes en sendeirismo, para nenos, persoas maiores, corredores ou camiñantes recreativos.
Se queres máis información podes descarga-la guía.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.

