San Martiño de Tameiga. Mos
14 Novembro· 18:30 - 23:30

O sábado 14 de novembro celebrarase a festa na honra de San Martiño no parque de Costoias, na parroquia de Tameiga, no municipio de Mos.
A xornada comezará ás 18:30 coa celebración da misa de San Martiño cantada pola Coral O Son dos Cantares, seguida de procesión ata Costoias. A continuación os asistentes poderán desfrutar co grupo de gaitas Eche o que Hai.
O grupo La Patrulla tamén actuará no festexo, no que haberá viño e castañas para tomar.