Cargando eventos

« Todos os eventos

Magosto de As Pedriñas. Mos

14 Novembro· 18:00 - 23:30

O sábado 14 de novembro o Centro Social, Cultural e Deportivo As Pedriñas en Mos celebrará o seu tradicional magosto.

A festa comezará a partir das 18:00 co reparto de castañas e viño para todos os asistentes. A programación da tarde tamén inclúe o espectáculo infantil de Asacocirco e xogos populares.

Ás 20:00 será o momento da música con Os Mercenarios da Ghaita e as 22:00 comezarán os concertos de Tiruleque, Derrota Federica e The Lelli Kelly’s.

Detalles