Andaina Nocturna e Magosto de Pereiras. Mos
14 Novembro· 19:30 - 23:30
Durante a xornada do sábado 14 de novembro, a Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, no municipio de Mos, organizará unha andaina nocturna e un gran magosto.
As acticidades comezarán ás 19:30 coa andaina nocturna e ás 21:00 terá lugar un gran magosto onde os asistentes poderán degustar castañas asadas e viño de balde, e chouripán a prezos populares, e desfrutar da música do Grupo de Gaitas Nosa Terra de Pereiras