Festas de A Fraga en Vincios. Gondomar
20 Setembro· 11:00 - 23:30

Domingo 20, a xornada matinal comezará ás 11.00 horas coa actuación da charanga Os Charamujas. A continuación, celebrarase a misa solemne e as tradicionais poxas, dando paso á actuación da citada charanga.
Pola tarde, ás 17.00 horas, levaranse a cabo as cucañas e, durante a noite, terá lugar unha espectacular verbena de fin de festa co grupo Origen e o trío Tic Tac.