Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

San Cipriano e San Cornelio de Bembrive. Vigo

20 Setembro· 10:00 - 23:30

Os veciños de Bembrive, no concello de Vigo, celebrarán as súas festas en honra a San Cibrán e San Cornelio o domingo 20 de setembro, coa tradicional romaría que terá lugar na Carballeira dos Ramallos.

Domingo 20, oficiarase unha misa ás 10.00 horas. Ás 12.30 horas celebrarase a misa solemne, cantada pola Coral Helios de Bembrive, seguida de procesión e concerto do Ateneo Musical de Bembrive.

Ás 16.30 horas actuará a charanga Costame-Krelos e ás 18.00 horas dará comezo a gran foliada libre.

Detalles