- Este evento pasou.
XX Festa da Zorza. Fornelos de Montes

O campo da festa da parroquia de Ventín, no municipio de Fornelos de Montes, acollerá o vindeiro domingo 20 de setembro unha nova edición da Festa da Zorza.
O evento gastronómico dará comezo coa degustación, a prezos populares, desta exquisita carne, acompañada de patacas, pan, bebida e sobremesas caseiras típicas da zona.
A xornada estará amenizada coa actuación do trío musical Armonía.
Tamén durante esta xornada, veciños e visitantes poderán gozar da XIII Concentración de Vespas Clásicas.
A Asociación de Veciños de Ventín organiza esta festa gastronómica que cada ano reúne centos de persoas. Durante a celebración poden chegar a servirse ata mil racións de zorza (carne de lombo de porco adobada con pemento, allo e ourego), acompañada de patacas fritidas e pan.