
Redondela

O concello de Redondela sitúase na zona centro-sur da provincia de Pontevedra, ao Oeste de Galicia, formando parte da comarca de Vigo. Atópase sobre unha paraxe natural de excepcional beleza, a unha altitude media de 15 metros sobre o nivel do mar, ocupando unha extensión territorial duns 51 quilómetros cadrados aproximadamente. Este termo municipal conta cun total de trece parroquias (Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, O Viso, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventoseira, Vilar) sobre as cales se distribúen preto de 30.000 habitantes. Pódese acceder de xeito doado a través da autoestrada AP-9 ou a estrada N-550 con dirección a Vigo. Dista das cidades da Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra en 150, 78 e 19 quilómetros respectivamente.
Sitios
Rutas
Actividades
Non hai próximos eventos
Festividades
San Martiño de Ventosela. Redondela
Os veciños da parroquia redondelana de Ventosela celebrarán a festa en honra a San Martiño os días 7, 8 e 11 de novembro. A programación para o domingo 8 é […]
San Martiño de Ventosela. Redondela
Os veciños da parroquia redondelana de Ventosela celebrarán a festa en honra a San Martiño os días 7, 8 e 11 de novembro. O mércores 11 as actividades comezan a […]
Feiras
Non hai próximos eventos









