San Martiño de Ventosela. Redondela
11 Novembro· 10:00 - 15:00

Os veciños da parroquia redondelana de Ventosela celebrarán a festa en honra a San Martiño os días 7, 8 e 11 de novembro.
O mércores 11 as actividades comezan a partir das 10:00 h cun pasarrúas a cargo da Banda de Música de Redondela. Ás 12:30 h celebrase a santa misa e procesión, e como peche a banda ofrecerá un concerto no atrio da igrexa, contando tamén coa actuación da gran Marcela.
Durante as celebracións, todos os asistentes serán obsequiados con castañas asadas e viño do país, e os festexos concluirán co sorteo dunha cesta.