As escavacións efectuadas ao longo do pasado século na aba nordeste do monte, permitiron recuperar unha vintena de construcións e numerosas estruturas escavadas na rocha correspondentes a canles, pías, buratos de poste… Isto levou á musealización do poboado castrexo do monte do Castro, habitado entre o século II a.C. e o século III d.C.
No 2010 recuperáronse as estruturas das construcións orixinais celtas e, ademais, os restos arqueolóxicos que forman parte da época de cando os romanos habitaron a cidade. Atopamos casas de todos os tamaños polo que se deduce que vivían familias con maior ou menor cantidade de membros. O museo inclúe a reconstrución de tres edificios do primeiro asentamento romano, entre os que se atopa un almacén e unha vivenda, dotados con todos os elementos e diferentes aparellos empregados no seu día a día.
Os expertos indican que o castro era un asentamento de gran tamaño, cun número importante de habitantes que despois probablemente se trasladaron á zona do Areal.
Loading...
No Records Found
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Maps failed to load
Sorry, unable to load the Maps API.