Viaxa de balde pola Ría de Vigo (maiores 65 anos)

A Asociación de Veciños de Beade leva a cabo un proxecto para o Programa de Avellentamento Activo, dende o cal se pretende que todas aquelas persoas que cumpran os requisitos se manteñan activas, interactuando e participando nas visitas guiadas pola Ría de Vigo, fomentando a prevención da dependencia e reducindo a soidade non desexada.

Programación:

Roteiro guiado de hora e media de duración na que descobren todos os segredos que esconde a ría de Vigo dende o drone marino “Nemo”, o cal conta cunha cámara 4k, co que poderán ver en directo o sistema de cultivo de mexillóns, a fauna e flora submarinas e algúns dos barcos afundidos que descansan no fondo, mentres navegan entre as famosas bateas galegas.

Serán gratuítas para todas as persoas maiores de 65 anos.

Data: 12 de outubro de 2023 ás 10:00 H.

Inscricións na secretaría da A.V.C.U- C.S.C.R de Beade.

Información completa na páxina web: https://www.av-beade.org/proxecto-viaxes-en-barco-pola…/

Scroll ao inicio