Asiste ao urban fest en A Laxe

O Urban Fest é un festival que se realiza en setembro cunha ampla programación de actividades para nenos e adultos enfocadas á cultura e arte urbano.

Destaca o cine ao aire libre con dúas sesións totalmente gratuítas: unha infantil e outra para adultos, proxectadas na súa terraza superior.

Programación: dende o 16 de setembro ata o venres 6 de outubro.

Sábado 16 de setembro ás 12:00 h. – Cine Infantil: “Hotel Transilvania III”. Proxección da película de animación “Hotel Transilvania III”, con acompañamento de palomitas de balde.

Sábado 16 de setembro ás 20:00 h. – Cine Adultos: “Matria”. proxección da película de produción galega “Matria” dirixida por Álvaro Gago e protagonizada por María Vázquez.

Venres 15 de setembro ás 18:30 h. – Parkour (Idade mínima 10 anos). O parkour é unha disciplina que consiste en desprazarse dun punto a outro o máis fluído posible, usando principalmente as habilidades do corpo humano, o que supón superar obstáculos que se presentan no percorrido, tales como muros ou paredes.

Venres, 22 de setembro ás 18:30 h. – Rap (Idade mínima 8 anos): No taller de Rap aprenderedes a escribir e interpretar versos e coñecer as figuras literarias da nosa terra.

Venres, 29 de setembro ás 18:30h. – Turntablism DJ (Idade mínima 8 anos): É unha disciplina musical practicada polos DJs de hip-hop, que consiste en manipular manualmente os discos de vinilo sobre o prato de tocadiscos para xerar, mediante diferentes técnicas, novos sons e melodías.

Sábado, 30 de setembro ás 18:30h. – Tattoo (Idade mínima 12 anos): Adentrarémonos no mundo do Tattoo para coñecer os diferentes estilos, a maquinaria e utensilios utilizados nesta práctica e as técnicas aplicadas no proceso de tatuar facendo prácticas individuais sen agulla e posteriormente de maneira supervisada con ela sobre unha pel de laranxa.

Venres, 6 de outubro ás 18:30h. – Breaking (Idade mínima 8 anos): A práctica de Breaking fomenta o espírito de superación personal, mellora a autoestima e estimula a creatividade ofrecendo a posibilidade de expresarse libremente a través de movemento.

Scroll ao inicio