As festas e a romaría na honra de San Caetano comezan na aldea de Bustelos —que forma parte da parroquia de Estacas, no concello de Fornelos de Montes— cunha gran churrascada popular a partir das 20:00 horas, amenizada pola música da charanga Radio Tropical.
Nesta xornada celebrarase unha misa rezada ás 11:00 h, seguida, ás 12:30 h, dunha misa solemne e procesión acompañadas pola Banda de Música da Lama. A continuación, terá lugar a sesión vermú. A partir das 18:30 h celebraranse as tradicionais poxas de San Caetán —un costume histórico da Serra do Suído—, seguidas de xogos infantís. […]
Ás 20.30 horas celebrarase a misa solemne na honra de San Lourenzo Vello e ás 22.00 horas comezará o concerto folclórico con Milladoiro e Trahlla Terra de Montes.
Os actos festivos do día comezarán ás 10:00 h cun pasarrúas a cargo da banda Unión Musical de Valladares. Ás 12:30 h celebrarase unha misa solemne, amenizada polo coro Voces Fornelenses. A mesma banda encargarase da música durante a sesión vermú do mediodía. Ás 21:00 h, a banda Unión Musical de Valladares ofrecerá un concerto […]
Ás 10:00 h, a Banda Municipal de Música realizará un pasarrúas. Ás 12:30 h celebrarase a misa solemne, seguida da sesión vermú a cargo da mesma banda. Ás 23:00 h, os grupos musicais Miramar e Los Coleguitas amenizarán a verbena.