XXXIV Semana de Cine Submarino. Vigo

O Auditorio da Sede Afundación de Vigo acollerá do 3 ao 5 de novembro a celebración da XXXIV Semana de Cine Submarino da Universidade de Vigo. As proxeccións matinais estarán dedicadas ao alumnado de centros escolares, e en horario de tarde-noite para o público en xeral, o cal tamén poderá participar nos coloquios posteriores, que se levarán a cabo tralo visionado dos filmes, e que contarán coa presenza de persoal investigador, documentalistas e divulgadores mariños.
A entrada ás proxeccións será gratuita ata completar aforo.
O martes 3, levaranse a cabo as proxeccións Dhanguethi. Recordos de Alif Daaal e Tesoros del Caribe.
O mércores 4, proxectaranse vídeos e documentais premiados no CIMASUB de Donostia 20245.
O xoves 5, proxección dos documentais A lamprea de mar no río Miño, Baixo as augas da Mariña, Ortegal, O regreso dos xigantes: rorcuais no Atlántico galego e O bosque de carrumeiro.