Cargando eventos

« Todos os eventos

III Xornadas Sobre Memoria Histórica. Soutomaior

7 Novembro· 10:30 - 20:30

Durante os días 7 e 8 de novembro, o municipio de Soutomaior acollerá a terceira edición do seu Foro de Memoria Histórica, un evento centrado na figura e nos ideais de Alexandre Bóveda baixo o lema «Recuperar para construír, en clave de Bóveda». As actividades están dirixidas a un público xeral maior de 12 anos, gratuitas e o acceso es libre ata completar aforo.

A programación dará comezo o sábado 7 de novembro cunha visita guiada a Illa de San Simón titulada «Lugares de Memoria». A xornada iniciarase ás 10:00 h coa saída en barco dende Meirande (Redondela), seguida dun percorrido guiado por Soledad Chayán de 10:30 a 12:45 h na Illa de San Simón e San Antón, para regresar ao punto de partida ás 13:00 h.

Xa pola tarde, de 19:00 a 20:30 h, o Multiusos de Arcade albergará a mesa redonda innovadora «O cerebro esmagado» (Xogo da Oca da Memoria). Moderada pola periodista María Obelleiro, contará con dous bloques temáticos: o Bloque A, enfocado en «As ideas de Bóveda fronte aos retos actuais» con Aldara Cidrás, Carlos Babio e Noemí Moreira; e o Bloque B, dedicado a «“Patrimonio de todos/as”: proclama vs. praxe» con David Otero e Guillermo Pérez.

Detalles