Cargando eventos

« Todos os eventos

XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela, do 13 ao 19 de Maio.

Maio 13 - Maio 19

O XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo-2024 celebrarase do 13 ao 19 de maio.

Trátase do Festival máis importante de Galicia no seu xénero e nun dos mellores considerados do país, que ademais chega ao seu aniversario de prata consolidado e recoñecido.

Esta celebración xa vén arroupada por un público interxeneracional onde os nenos que asistiron ás primeiras edicións levan agora aos seus fillos, nese ciclo vital que transcorre nun cuarto de século. Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, espectáculos itinerantes, instalacións, animación de rúa e un feixe de sorpresas.

Por todo isto sentimos unha mestura de satisfacción, honra e responsabilidade. De satisfacción por facer de Redondela un referente, de honra porque a nosa vila está asociada na súa identidade ao mundo dos títeres, pero tamén moitas veces sentimos unha responsabilidade, ás veces extrema, ao ter que loitar ano a ano por presentar un Festival honesto e sinceiro dando resposta ás expectativas depositadas en nós.

O “Caracol” é a nova personaxe do 2024 que vén ilustrar esta XXV edición, creación de Pablo Pastor, que leva 25 anos dándolle ao Festival esa personalidade única.

Podemos confirmar xa a presenza de espectáculos e compañías chegadas das máis diversas procedenzas: Italia, Arxentina, Holanda, México, Francia, Portugal, Alemaña, Valencia, Castilla y León, Cantabria, Andalucía, Aragón ou Galicia.

Este ano faremos unha programación especial de rúa os días 17, 18 e 19 de maio.

O Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo é o reflexo do esforzo colectivo dun pobo por difundir e gozar do Teatro de Títeres.

Detalles

Comezo:
Maio 13
Remate:
Maio 19
Categoría dos Evento:
, ,

Recinto

Redondela
Scroll ao inicio