XIX Teis Fest. Festa veciñal. Vigo
12 Setembro· 12:30 - 23:30

Festa que se celebrará no barrio vigués de Teis, concretamente na Praza da ETEA, durante a xornada do sábado 12 de setembro.
Ás 12.30 horas terá lugar a actuación da Banda de Música UVCD Candeán e, ás 14.30 horas, dará comezo o xantar veciñal.
Ás 17.00 horas terá lugar a actuación da charanga Esmorga. Ás 18.00 horas celebrarase unha exhibición de zumba e, ás 18.30 horas, haberá festa da escuma e xogos populares.
Ás 20.00 horas, o grupo de música folk Os Carunchos será o encargado de animar a festa.