XIII Festa Popular Froles Mareliñas. Redondela
12 Setembro· 14:00 - 23:30

Froles Mareliñas organizará un ano máis a súa Festa Popular, na que todas as persoas participantes poderán gozar dunha xornada chea de música e, ademais, degustar un xantar.
A festa terá lugar no barrio redondelán de Chapela (Senda Verde) o 12 de setembro e dará comezo ás 14.00 horas co xantar, a base de mexillóns, callos e pan (13 €). Tamén haberá pizza, empanadillas, bocadillos de tortilla e choripán.
Ás 17.30 horas comezarán as actuacións musicais de Trubisqueira, PanBreteiras de Froles Mareliñas, o grupo de baile Anaquiños, Choran ás Pedras, o grupo folk Cidadelle e o grupo de gaitas Froles Mareliñas.
Ás 21.00 horas, a festa continuará co concerto de Pelepau. Para rematar, terá lugar unha gran foliada aberta.