- Este evento pasou.
X Galician Freaky Film Festival. Vigo

Do 17 ao 26 de setembro celebrarase en Vigo o festival do frikismo galego, o Galician Freaky Film Festival.
O festival levarase a cabo na praza Elíptica e os asistentes poderán visualizar numerosas pezas audiovisuais que habitualmente quedan fóra das canles de distribución. As obras, tanto galegas como nacionais e internacionais, terán en común temáticas como o humor, a ciencia ficción e o terror. Nesta edición poderán verse 87 pezas, entre estreas mundiais, internacionais e autonómicas.
Este ano o Pequefreak celebrarase os días 19 e 20 nos Cines Tamberlick (praza Elíptica) e incluirá obradoiros de efectos especiais, curtametraxes e performances.
Ademais, nesta edición tampouco faltará a Feira Freak de Galicia, con roupa, complementos, artesanía, ilustración, figuras, cómics…