- Este evento pasou.
San Cipriano e San Cornelio de Bembrive. Vigo
19 Setembro· 16:30 - 23:30

Os veciños de Bembrive, no concello de Vigo, celebrarán as súas festas en honra a San Cibrán e San Cornelio o domingo 20 de setembro, coa tradicional romaría que terá lugar na Carballeira dos Ramallos.
Sábado 19, como actos previos, haberá xogos populares ás 16.30 horas. Ás 20.00 horas, a formación Abóbriga ofrecerá un concerto e ás 22.00 horas terá lugar a actuación de Turre’s Band. Para rematar, desde as 00.00 horas, DJ David Correa amenizará a festa.