III Concentración de Coches e Motos Clásicas e de Competición. Redondela
19 Setembro· 17:00 - 23:30

O sábado 19 de setembro terá lugar no municipio de Redondela unha nova edición da Concentración de Coches e Motos Clásicas e de Competición.
O evento celebrarase baixo a ponte de Rande a partir das 17.00 horas. As persoas participantes poderán realizar unha ruta e gozar coa actuación do DJ Borja Rua.
Tamén haberá servizo de bocadillos.