Virxe do Libramento de Pereiras. Mos
4 Setembro· 08:00 - 23:30

O venres 4 de setembro comezan as festas na honra da Virxe do Libramento na parroquia de Pereiras. Ás 18:00 horas haberá unha festa infantil con inchables e unha actuación de Cé Orquestra Pantasma. Máis tarde, ás 21:00 horas, encenderase oficialmente a iluminación festiva, acto que irá acompañado dunha degustación de churrasco e choripán, ademais dun servizo de bar a prezos económicos. A partir das 22:00 horas, a música será a protagonista cos concertos de A Vacaloura Vermella e Los Lunes al Sol, pechando a noite cunha sesión a cargo de varios DJ.