Festa gastronómica: Sabores do Mundo. Vigo
4 Setembro

Festa gastronómica que se celebrará na explanada do Náutico de Vigo do venres 4 ao domingo 6 de setembro, cun programa que inclúe música, zona infantil e actuacións rexionais.
No apartado culinario estarán presentes máis dunha vintena de postos gastronómicos, nos que se poderán degustar propostas culinarias de países latinoamericanos, asiáticos e europeos.
A entrada será gratuíta.