Virxe do Libramento de Pereiras. Mos
13 Setembro· 10:00 - 23:30

O domingo 13, a Banda da Escola de Música de Beade fará a súa entrada e ofrecerá un pasarrúas ás 11:00 h. Ás 10:00 h celebrarase unha misa rezada, mentres que a misa solemne e a procesión —que contarán coa música coral do coro Ventos do Val de Petelos e o acompañamento da Banda de Música de Beade— terán lugar ás 12:00 h.
As tradicionais poxas celebraranse á 13:00 h e, pola tarde, ás 19:30 h, a mesma banda ofrecerá un concerto. A festa continuará pola noite, ás 22:00 h, cunha verbena amenizada polas orquestras New York e Miramar.