IV Foliada dos Pexegos – Doce Nome de María e da Virxe das Dores de Candeán. Vigo
13 Setembro· 11:00 - 23:30

Domingo 13, ás 11.00 horas terá lugar a baixada dos Santos en procesión dende a igrexa, acompañada pola Banda de Música UVCD de Candeán, e ás 11.30 horas celebrarase un concerto da citada banda. Ás 12.30 horas oficiarase a misa maior de campaña. A continuación, levaranse a cabo as poxas.
Ás 17.00 horas haberá animación infantil a cargo de Fitciones Fitness y Animaciones.