Romaría Virxe dos Liñares. Vigo
13 Setembro· 10:00 - 23:30

Domingo 13, ás 10.30 horas, oficiarase unha misa rezada. Ás 10.00 horas fará a súa entrada a Banda Lira de San Miguel de Oia, cun percorrido dende a antiga estación de Canido ata a capela.
Ás 12.30 horas oficiarase a misa solemne, cantada pola Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia, na honra da Virxe dos Liñares, e ás 13.30 horas a citada banda ofrecerá un concerto.
Ás 17.30 horas haberá xogos tradicionais de madeira e, ás 19.30 horas, actuación da Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia. A verbena estará a cargo da orquestra Saudade e do trío Tic Tac.