VII Camiño do Irmandamento. Gondomar
3 Outubro· 12:00 - 23:30

Nova edición do denominado Camiño do Irmandamento, unha iniciativa deportiva e cultural de carácter transfronteirizo, organizada polo concello de Gondomar, cuxo obxectivo é fortalecer os lazos entre Galicia e Portugal.
O evento desenvolverase este ano os días 3 e 4 de outubro e consiste nunha ruta en bicicleta de 150 quilómetros entre a localidade de Gondomar e Portugal, pasando por Caminha, Vila do Conde e Porto, entre outros puntos lusos.
Inscricións: ata o 8 de setembro no correo electrónico oficinadeturismo@concellodegondomar.gal.
Tfno. de información: 678 874 985.