Redondela Backyard Ultra
3 Outubro· 10:00 - 23:30

A Asociación Deportiva Yes24Team organiza unha nova edición da Redondela Backyard Ultra na parroquia de Cabeiro, no municipio de Redondela, con saída e chegada no pavillón deportivo.
Ao non tratarse dunha proba oficial, o evento comezará o sábado 3 de outubro ás 10:00 horas e rematará o domingo 4 ás 18:00 horas. A proba terá un percorrido total aproximado de 201 quilómetros e unha duración de 32 horas.
O percorrido consiste nun loop de 6,706 quilómetros, ao que deberán darse 32 voltas. Cada volta deberá completarse en menos dunha hora.
O prezo das inscricións, ata completar as 200 prazas dispoñibles, será o seguinte (do 1 de abril ao 24 de setembro):
- 50 primeiras persoas inscritas: 30 euros.
- Seguintes 50 persoas inscritas: 35 euros.
- Resto de inscricións: 40 euros.