Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Instalación artística de xogo en familia

Xuño 11

Con motivo da conmemoración do Día da Atención Temperá, dende o Servizo de Atención Temperá (SAT) de Mos, en colaboración con APAMP Vigo, organizan unha xornada de xogo en familia dirixida a crianzas de 0 a 6 anos e ás súas familias.

A actividade desenvolverase na Asociación Recreativa e Cultural de Guizán, no Concello de Mos, e contará cunha instalación artística de xogo pensada para estimular a creatividade, a interacción e o desfrute compartido.

Para garantir unha participación segura, organizaranse tres quendas en diferentes horarios, polo que é imprescindible a inscrición previa.

Detalles

Protagonistas

  • Concello de Mos
  • apamp

Recinto

  • Asociación Recreativa Cultural de Guizán – Mos
  • Cño. da Corredoura, 2
    Mos, Pontevedra 36417 Spain
    + Google Map
  • Phone 986488722