- Este evento pasou.
VIII Encontro da Canción Galega
8 Xuño, 2025· 19:00 - 22:30

O domingo 8 de xuño, ás 19:00 h, o Multiusos de Redondela acollerá unha nova edición do Encontro da Canción Galega. O evento contará coas actuacións da Coral de San Esteban, o Orfeón de Trives, a Coral O Son dos Cantares e a Rondalla Vila das Pontes. Un serán para gozar da música coral e tradicional galega.