III Festival de Cine Agarima. Vigo
26 Setembro· 16:30 - 23:30

Nova edición deste festival que se celebrará na Sala Ártika de Vigo e que naceu coa intención de visibilizar os proxectos audiovisuais de escolas e contornas universitarias.
Este ano, o Festival de Cine Agarima celebrarase o sábado 26 de setembro e contará coa proxección de máis dunha ducia de traballos audiovisuais, distribuídos en tres seccións, cos seguintes horarios:
Sección Kaleidoscopio/Non-ficción, ás 16:30 horas:
- Áncora, dirixida por Cristina Souto
- O mar é o meu chan, dirixida por Xoán Vázquez
- Disolución dun ollar, dirixida por Javi Darriba
- Vacas nocturnas no Forgoselo, dirixida por Gala Rodríguez e Rocío Campoy
- A Senda da deshabitaxe, dirixida por Candela Conde
Sección Cometa/Ficción, ás 18:00 horas:
- No son sus ojos, dirixida por Varo López e Alejandro Guisado
- Historia dunha bicicleta, dirixida por Xoán Fernández Diz
- OCO, dirixida por Anxo González
- A miña relación cos bichos, dirixida por Javier Blanco Armada
Sección Asubio/Videoclip, ás 20:00 horas:
- Réquiem, dirixido por Nuria Gómez Muiña
- Lose My Shine, dirixido por Óscar Silva e Eloi Abalo
- Cautionary Tale, dirixido por Claire Pais
- May You Never Forget Me, dirixido por Isabella Ferreiro
- Volar, dirixido por Pili Mariño e David Arosa
O prezo das entradas será de 5 € máis gastos de xestión en venda anticipada e de 7 € en billeteira.