I BTT Enduro Vixiador-Cabeiro. Redondela

O club Vigoenduro MTB organiza a marcha BTT Enduro Vixiador-Cabeiro, para o sábado 26 de setembro, a partir das 16:00 horas. Trátase dunha marcha de carácter non competitivo, aberta a bicicletas MTB tradicionais e e-bikes, para participantes de polo menos 15 anos de idade.
O percorrido consta de aproximadamente 30 quilómetros, con 900 metros de desnivel positivo, e conta con entre 6 e 7 tramos descendentes de dificultade media-alta, incluíndo un tramo cronometrado cuxos tres mellores tempos recibirán un agasallo.
A participación no BTT Enduro está limitada a 250 persoas e o custo da inscrición varía segundo a data: 15 euros (entre o 1 de agosto e o 5 de setembro) e 20 euros (do 5 ao 20 de setembro).
Ademais, os ciclistas non federados deberán aboar un suplemento de 15 euros, destinado ao seguro deportivo dun día.