Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Festas de San Mamede. Mos

8 Agosto· 12:00 - 23:30
Festas de San Mamed

Na última xornada das festas, os asistentes poderán acudir á misa solemne e á procesión das 12:00 h, acompañadas polo grupo de baile e gaitas Ruada de Torroso e polas Pandereteiras de Sobreira. Ás 17:00 h haberá zonas de xogos inchables gratuítas; ás 19:00 h actuará o Mago Paco; e ás 21:00 h chegará a quenda do espectáculo infantil de Uxía Lambona e a Banda Molona. Ás 22:00 h, a celebración concluirá cos concertos de The Turre’s Band, Quinkillada e Radio 8 (que contará con DJ e unha sesión “Remember” con música dos anos 70, 80 e 90).


Detalles