Festas de San Salvador de Xunqueiras. Pazos de Borbén

O sábado 8 de agosto, as persoas asistentes á festa na honra de San Salvador, que terá lugar na parroquia de Xunqueiras, no municipio de Pazos de Borbén, poderán gozar a partir das 12.30 horas da misa solemne con procesión, que estará acompañada polo grupo de gaitas Ardelle o Eixo.
Ás 14.30 horas terá lugar un xantar no Casino, cun menú composto por lagostinos, bacallau gratinado ao forno con patacas panadeiras, auga, viño e refresco, por un prezo de 25 euros por persoa. Tamén haberá dispoñible un menú infantil por 10 euros. Será necesario anotarse antes do 3 de agosto no teléfono 647 11 85 69.
Pola tarde, ás 18.00 horas, haberá animación para os máis pequenos a cargo de T.E.G. Animación e, chegada a noite, ás 23.00 horas, terá lugar a actuación de Acoustic Mode no Casino.