Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Entre Pontes – Carreira 10K. Gondomar

25 Outubro· 08:30 - 17:00

A terceira xornada do Circuito Entre Pontes 2026, celebrarase o domingo 25 de outubro no municipio de Gondomar.

A Praza do Concello de Gondomar será o epicentro do evento, acollendo a saída e a meta das distintas modalidades. O programa do día comezará ás 8.30 horas coa apertura da secretaría para a recollida de dorsais e a posta en marcha do servizo de gardarroupa.

Ás 10.00 horas dará inicio a carreira 10K, e ás 10.30 horas, sairá a andaina non competitiva.

Entre as 11.00 e as 14.00 horas abrirase a zona gastronómica con foodtrucks de acceso gratuíto para os participantes, amenizada con animación musical e DJ.

Ás 12.00 horas procederase ao peche de meta da proba de 10K, e simultaneamente levarase a cabo o acto institucional para a entrega de trofeos.

Ás 12.30 horas comezarán as carreiras infantís promocionais. A categoría Chupetíns ou Biberóns abarca de 3 a 5 anos sobre unha distancia de 100 a 150 metros na recta de meta e sen cronometraxe, permitindo que os máis pequenos corran acompañados por un adulto.

Séguenlle Prebenxamín para idades de 6 a 7 anos cunha distancia de 200 a 300 metros, Benxamín de 8 a 9 anos de 400 a 500 metros, Alevín de 10 a 11 anos entre 800 e 1.000 metros, e Infantil ou Cadete de 12 a 15 anos cubrindo entre 1.200 e 1.500 metros. A partir dos 16 anos xa é posible participar na proba absoluta con autorización formal.

Detalles