Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Andaina Terrorífica. Salceda de Caselas

24 Outubro· 21:00 - 23:30
Andaina terrorífica en Salceda de Caselas

Unha “Andaina Terrorífica” que pon os pelos de punta, repleta de sustos e desafíos para os participantes.

O evento comeza ás 21:00 horas, con saída desde o Centro Cultural A Feira. Consiste nun percorrido nocturno de 6 quilómetros, deseñado para grupos de 6 a 12 persoas. O prezo da inscrición é de 6 euros por persoa e inclúe un bocadillo.

A idade mínima para participar é de 12 anos; os menores de idade deben ir acompañados dun adulto en todo momento.
Para garantir a seguridade durante o percorrido, é obrigatorio que todos os participantes leven un chaleco reflectinte e unha lanterna.

O grupo que gañe os desafíos propostos ao longo do camiño levará como premio un xamón enteiro.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 20 de outubro chamando ou enviando unha mensaxe ao número 674 748 844.

Detalles