Cargando eventos

« Todos os eventos

Dalle a volta á Biblioteca. Soutomaior

28 Outubro· 17:00 - 23:30

Dalle a Volta á Biblioteca é un programa de actividades culturais para todos os públicos que promove o fomento da lectura. Dito programa levarase a cabo na Biblioteca de Municipal do concello de Soutomaior, durante o mes de outubro.

A programación para o mércores 28 de outubro é a seguinte:

-Barriga Verde no Camiño. Actividade para gozar da cultura, dos monicreques e da tradición galega. Público familiar (menores de 8 anos acompañados de pais/nais).
-17:00h. Pasarrúas co xigante (Cruce de Pierres /Biblioteca)
-17:30h. Obradoiro de construcción de monicreques
-19:00h. Función de títeres.

Lugar: Biblioteca Municipal Luís Seoane (Arcade).

Entrada de balde ata completar aforo.

Detalles