Manxares do mar. Soutomaior
28 Outubro· 09:30 - 13:00

🦪🌊 A NOSA RÍA TEN MOITO QUE OFRECER.DESCRUBRÁMOLA!
Como podemos aproveitar mellor os produtos da nosa ría? Como levar especies menos coñecidas aos restaurantes e crear novas oportunidades para o sector do mar?
O 28 de outubro, chega a Arcade o seminario «Do mar á mesa», do proxecto Manxares do Mar, cunha mañá de ideas, gastronomía e propostas para poñer en valor a riqueza da nosa ría. 🐟👨🍳
💡 Pesca artesanal, cociña innovadora, turismo sostible e patrimonio mariñeiro, con profesionais do sector e unha degustación final.
🗓️ 28 de outubro | De 09:30 a 13:00 h
📍 Multiúsos de Arcade
🎟️ Entrada libre ata completar aforo.
💙 Máis valor para os produtos da nosa ría, máis oportunidades para Soutomaior!